8.11.12

Estudantes pechad@s na pasada noite!

Nesta pasada noite tiveron lugar dous peches, un na Universidade da Coruña e outro na Universidade de Vigo, mais ambos tiñan os mesmos obxectivos: facer visíbel o noso rexeitamento ás agresión reiteradas que está a sofrer o ensino público e quecer motores de cara a folga xeral do 14N.

Peche en Peritos, Vigo!

No caso de Vigo, un grupo de estudantes tras ser convocados para unha asemblea aberta por diversas organizacións entre as que se atopaba a nos realizaron un peche na Biblioteca de Peritos. Durante este abordáronse diferentes cuestións que afectan ao estudantado entre as que destacaron a Estratexia Universidade 2015 ou os ataques que está sufrindo o profesorado asociado, ademais de aproveitar para estudar, realizar traballos, colar cartaces e tamén falar cos nosos compañeiros do peche da Coruña e mandarlles forza. Este acto en común serviu para apoiar e divulgar a Folga Xeral do 14 de novembro  e sobre todo ofrecer motivos para facela baixo o lema “A educación non se vende, deféndese!”. Recordemos que sairá en Vigo da Praza dos Cabalos ás 11:30. Non hai excusa para quedar na casa!


Peche na Coruña

O peche da Coruña deu comezo ás 17h na Facultade de Economía e Empresas. Convocaba a Asemblea UdC en Loite da cal os Comités formamos parte. Ás 19 houbo un debate entre as distintas organización da UdC, as cales responderon a 6 preguntas e logo houbo un coloquio co público, que expuxo a súa visión. Logo houbo unha asamblea na que se continuou a falar sobre a situación actual e posíbeis actividades ou acción de cara a movilizar ao estudantado. Logo da cea grupal fixéronse faixas, algúns estudantes fixeron traballos ou estudaron, debateuse e comunicámonos cos compañeiros de Vigo que tamén estaban pechados en Peritos. Hoxe ás 11:30 tivo  lugar unha concentración simbólica na rotonda de Elviña contra os recortes en educación.


#ParémosllesosPés

A nosa organización xa fixo público en días pasados o noso apoio á folga xeral do 14N polo que en ambos peches serviron para quecer motores, debater e facer traballo de cara a esta convocatoria de folga.
Podes botarlle aquí un ollo á galería de imaxes: