Quen somos?

Os Comités é unha organización estudantíl galega, aberta e plural que loita por un ensino galego, público, democrático e de calidade.
Recollemos e asumindo a herdanza ideolóxica e práctica das organizacións estudantís nacionalistas (ERGA, CAF, CAE) para darmos unha resposta conxunta e coordinada de todo o estudantado aos ataques que sofre o ensino do noso país.

A nosa organización, da mesma maneira que os CAF e os CAE, organízase en comités de centro (un por cada instituto, escola ou facultade). Estes comités son ABERTOS, é dicir, nos que pode participar quen quixer. As nosas decisións tomámolas de xeito colectivo en asembleas onde ti tamén tes voz.
Estamos presentes en toda Galiza nos sete campus e nas tres universidades galegas e en grande parte dos institutos do país. 

A nosa acción lévase a cabo a través de campañas e mobilizacións coas que denunciamos os moitos problemas que afectan ao sistema educativo, producidos por unha política educativa que non favorece o ensino público galego e que ignora a voz das e dos estudantes. Este traballo compleméntase co traballo institucional a través dos órganos de goberno de ensino medio e das universidades galegas onde somos maioritarios (Consellos Escolares, Consellos de Goberno, Claustros, Xuntas de Facultade e Consellos de Departamento).