15.11.12

O estudantado implicouse na folga xeral!

Os Comités participamos activamente na folga xeral de onte. A implicación do estudantado galego nesta convocatoria foi esencial para o seu éxito como así demostra o alto seguimento da mesma nos ensino galego.
Na universidade galega a actividade docente paralizouse por completo e non houbo, nos principais campus, estudante algún nas aulas. O seguimento foi tamén practicamente masivo no conxunto de institutos do país.

Máis de 500.000 persoas nas manifestacións, moit@s estudantes!

Máis de 500.000 persoas, moitas delas estudantes, participaron nas manifestacións unitarias do día de onte que supuxeron un éxito histórico da sociedade galega contra as agresións reiteradas provocadas pola Xunta e Goberno central e contra unhas políticas que só atenden aos intereses dos mercados. O estudantado galego participou activamente e este activismo foi esencial para o éxito desta xornada de folga desenvolvida na Galiza e noutos estados europeos.

Deste xeito, rexeitamos o absoluto neoliberalismo depredador dun Partido Popular que está agravando a actual crise e provoca un auténtico saqueo ás maiorías sociais. As e os estudantes denunciamos onte tamén os recortes no ensino provocados polo PP

Os Comités participamos activamente nas manifestacións convocadas e puidéronse ver comitivas nosas nun importante número de manifestacións.

#ParémosllesosPés

Hai que seguir loitando. Tralo éxito das mobilizacións estudatís do 11 e do 17 de outubro e trala imponente xornada de folga de onte, hai que continuar coa mobilización social contra os recortes do Partido Popular. Hai que pararlle os pés!

Bótalle un ollo á nosa galería de imaxes que, ao longo dos vindeiros días, iremos actualizando: