13.12.12

Reunión aberta do Comité de Economía, ADE e Empresariais

O Comité Aberto de Economía, ADE e Empresariais celebrará o vindeiro luns 17 de decembro ás 17:00h unha reunión para impulsar novas actividades na Facultade e recoller todas as suxestións que nos queirades trasladar sobre o funcionamento da facultade, horarios, exames, problemas co profesorado...



Por outra banda, informaremos sobre a campaña a prol da retirada do título Honoris Causa a José Luis Méndez, distribuiremos as follas de sinaturas contra a suba do bus e trataremos tamén novas accións na defensa da universidade pública.

A reunión terá lugar no local de estudantes que está no entrechan fronte a Aula 0.7 este luns 17 ás 17:00h.

Únete! Participa!