7.9.12

Na defensa do ensino público e contra os recortes do PP!

Vimos de emitir un comunicado logo da concentración urxente que convocamos con motivo da apertura do curso académico para as universidades galegas. Máis info e video no interior da nova.

Tal e como informou Seve Salgueiro, responsábel de Organizacion dos Comités no campus da Coruña, no día de hoxe houbo unha concentración coincidindo co acto de inaguración do curso académico no que estaba prevista a asistencia do presidente de Xunta, mais que finalmente acudiu o Conselleiro de Educación, Jesus Vázquez Abad, quen inagurou o curso “ao mesmo tempo é xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo o principal responsábel dos recortes no Sistema Universitario Galego e da aprobación de medidas que atentan contra o ensino público”.


Núñez Feijóo: Inimigo da universidade pública.

Outro grupo de estudantes membros dos Comités agardaron á intervención do Conselleiro de Educación para desplegaren no interior do Paranifo uns cartaces nos que se podía ler “Núñez Feijóo: Inimigo da universidade pública”, “Non aos recortes en educación” ou “O ensino é un dereito e non un privilexio”.


A concentración, que foi apoiada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, foi a primeira deste inicio de curso marcado polos recortes en materia educativa levados a cabo polo Partido Popular no goberno da Xunta e no do Estado. Seve Salgueiro deu a coñecer o calendario de mobilizacións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Púbico. Neste sentido, anunciou o apoio á mobilización convocada pola Plataforma pola defensa da Montaña e do Rural que sairá, o día 12 ás 12 da mañá, da Praza do Obradoiro até San Caetano para denunciar a supresión de unidades, centros e profesorado nos centros educativos do rural. Asemade, deu a coñecer a convocatoria dunha concentración para o vindeiro 17 de setembro diante da Consellería de Educación co gallo do comezo de curso en secundaria.

O Responsábel de Organización afirmou que “os Comités non van ficar parados ante a privatización e desmantelamento do ensino ”É por este motivo, que nos próximos días, farán público o calendario de activades para os 7 campus galegos.