17.3.11

Xunta de facultade

Nas eleccións da UdC, que tiveron lugar o pasado 2 de decembro, o Comité de Economía, ADE e Empresariais conseguimos cinco representantes en Claustro e doce en Xunta de Facultade. Desde aquela, celebráronse dúas xuntas de facultade das que informamos a seguir.

22.12.2010
Xunta de facultade
Nesta Xunta de Facultade de Economía e Empresas, os Comités levabamos a proposta de suprimir o límite de prazas nas tres titulacións de grao que se imparten no noso centro.

Por unha banda, para posibilitar que o estudantado poida escoller a titulación que desexe e non en función da súa nota de corte xa que isto é unha das principais causas de abandono da universidade, e, por outra, porque non hai xustificación nin na demanda, nin na capacidade estrutural, nin na capacidade docente para estabelecer limitacións no acceso a ADE, Economía ou Empresas.

Finalmente, grazas ao debate suscitado polos Comités conseguimos incrementar o límite de prazas de Economía até 90 pese a manternos firmes na nosa posición de que se eliminasen totalmente.

16.02.2011
Xunta de facultade
Convocouse Xunta de Facultade Extraordinaria o pasado día 16 de febreiro para escoller decana ou decano.

Os Comités entendemos que as prioridades para o estudantado da Facultade non coincidían coas do único candidato que se presentaba e, en consecuencia, votamos en branco nestas eleccións.