6.5.12

10 de maio. Folga estudantil! #ParemosaSubadasTaxas


A nosa organización vén de convocar, para o vindeiro 10 de maio, unha xornada de folga no ensino medio e universitario contra a abusiva e inxustificada suba dos prezos das matrículas.

O Partido Popular vén de impor a maior suba dos prezos das matrículas das titulacións universitarias da historia. Quitando os cursos 2008 e 2009, no que a suba das taxas estivo conxelada pola presión da nosa organización, desde o curso 99/2000, as taxas viñeron subindo ininterrumpida e escalonadamente até o día de hoxe. Malia isto, nunca nos atopamos cun encarecemento destas características xa que, dun curso curso para outro, poderémonos atopar cunha suba máxima do 66%.

O Ministerio de Educación anunciou que, para o vindeiro ano, os prezos das titulacións universitarias poderán subir até 540€. Isto é, sen dúbida, unha vulneración do dereito fundamental ao ensino. O PP avanza a pasos axigantados, tanto con esta como outras medidas antisociais, na privatización da universidade pública.

Nun momento de crise económica como a actual, esta suba das taxas inustificada terá unhas consencias sociais absolutamente negativas.

O Partido Popular, endurecendo de tal maneira o acceso á universidade pública, nun contexto de crise económica como a actual, estará a provocar consecuencias sociais moi graves. Neste sentido, unha suba abusiva das taxas como esta terá como resultado unha elitización do ensino superior e un afastamendo das e dos estudantes econonomicamente máis desfavorecidos da universidade.

Só queda a mobilización e, por iso, desde a nosa organización estamos xa a desenvolver unha intensa campaña informativa de cara a garantir o éxito do vindeiro 10 de maio. 


+info:
www.paremosasubadastaxas.org
#ParemosaSubadasTaxas
facebook.com/Paremosasubadastaxas