12.3.12

Aberto o prazo de matrícula nas VII Xornadas de Economía Alexandre Bóveda

Terán lugar os días 21 de marzo, 11 e 12 de abril na Aula Alexandre Bóveda da Facultade de Economía e Empresa e temos 2 créditos de libre elección solicitados. Prazas limitadas, por orde de inscrición.


Programa provisional
21.03.2011 /// 11:30 h
—A crise do modelo neoliberal e propostas alterntivas. Xavier Vence Deza. Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi Director do IDEGA entre 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación. 
— A crise, o sistema e a soberanía // Si existen alternativas! Margarida Corral Sánchez. Secretaría Confederal de Muller e Mocidade Confederación Intersindical Galega. 
— Proxección do documental da CIG que repasa o actual proceso de reorganización do capitalismo, baixo a coartada da "crise" económica, as nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en todo o mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo económico onde traballadoras e traballadores teñamos o poder real. Recolle, así mesmo, a dupla dimensión da crise sistémica, que reviste un carácter de clase mais tamén territorial, agravando a situación no caso das nacións sen soberanía política como é Galiza. Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto á esquerda nacionalista para facer fronte ao contexto actual.
— Asemblea Aberta sobre a reforma laboral

11.04.2011 /// 11:30 h
— Da crise do sistema e das desigualdades espaciais na Unión Europea. Ramón López Suevos: Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. 
— Dos planos de rescate na Unión Europea // O caso de Portugal. Graciete Cruz: membro da Comisión Executiva da CGTP-IN e Secretaria de Relacións Internacionais. 
— A doutrina do shock. proxección do documental baseado no libro de Noami Klein: "a doutrina do Shock", narra a forma na que os chamados "chicago boys" de milton friedman, utilizaron o descubrimento dos electroshock da psicoloxía para borrar os recordos e regresar ao suxeito a un estado infantil, e poder reescribir a súa historia, trasládano ao contexto socio económico dos países en vías de desenvolvemento, para propinar shocks económicos (alza de impostos, eliminación de subsidios e políticas sociais, aumento de prezos, etc.) e así, permitir mellor saquear os recursos naturais e enriquecer ás transnacionais.
— Coloquio.

12.04.2011 /// 11:30 h
— Manifesto de economistas aterrados (en francés Manifeste d'économistes atterrés) é un manifesto redactado en 2010 por un grupo de economistas, Philippe Askenazy do CNRS; Thomas Coutrot do consello científico de Attac; André Orléan do CNRS e do EHESS, presidente da Asociación Francesa de Economía Política; Henri Sterdyniak do OFCE; quen, despois da crise das chamadas subprime séntense aterrados de ver que nada cambiou nos discursos a favor do liberalismo económico nin nas políticas económicas que segundo eles conduciron á crise. Philippe Askenazy é un economista francés, director de investigación do CNRS , investigador da París School of Economics , e Doutor da Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales. 
— Coloquio.
— Capitalisme, un itinerari critic. Entrevista com Miren Etxezarreta (de Marc Planas): Miran é unha pensionista de setenta catro anos pouco convencional. Desde o tardofranquisme implicouse en diferentes loitas e movementos sociais, e hai anos que percorre estudios de televisión discutindo cos gurús do neoliberalismo. Os seus amplos coñecementos económicos (é Catedrática de Economía Aplicada da UAB) fan da súa voz unha testemuña incómoda polas actuais políticas económicas. A través dela, este documental propón unha lectura crítica do sistema económico vixente.
— Coloquio.


*Obrigatorio
nome *

apelidos *

correo-e *

documento de identidade *

titulación *

algunha dúbida?

---- 
O Comité de Economía, ADE e Empresas comprométese a cumprir cos requisitos estabelecidos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.