5.2.12

Somos cidade!

O próximo mércores 8 de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente, ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.

O acto consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados. Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa participación é moi importante!

Os grupos iranse actualizando neste blogue


Ao final, tod@s converxeremos na praza de Pontevedra onde terá lugar un pequeno acto.