12.12.11

Non permitas que privaticen a UdC! Non deixes que as empresas gobernen a universidade!

Os Comités do campus da Coruña fan un chamamento ao estudantado da UDC a participar da segunda volta deste proceso eleitoral analizando criticamente as alternativas que representan os dous candidatos que pasaron a segunda volta: Luis Castedo e Xosé Luís Armesto.

Alén disto, tamén veñen de concretar as liñas de traballo que a nosa organización levará nese campus para o vindeiro período para a defensa dunha universidade pública, galega, democrática e de calidade. En relación cos candidatos, os Comités da Coruña veñen de presentar unha campaña informativa sobre as diferenzas entre os dous candidatos e en concreto, do que representa a candidatura de Luis Castedo para a Universidade pública galega que, tal e como definen, podería supor a volta da dereita a Universidade pública, a defensa dun modelo cunha presenza moito maior do financiamento privado (até o punto de que a súa consecución é o eixo básico do programa), a defensa da privatización dos servizos da UDC, a renuncia á defensa das residencias públicas ou, entre outras cousas, a morneza na defensa do galego como lingua propia da universidade.

Pódeslle botar aquí un ollo á táboa comparativa dos programas das e dos candidatos como tamén baixar os cartaces editados pola nosa organización.

Non permitas que privaticen a UdC! #nonCastedoReitor
Non permitas que a dereita goberne tamén na UdC! #nonCastedoReitor