O próximo mércores 8
de febreiro, a Plataforma pola Mobilidade vai levar a cabo unha
actividade para reivindicar a necesidade dun transporte eficiente,
ecolóxico, xusto e sostible que axude a minimizar os problemas de
mobilidade, ruído e contaminación que sofre a nosa cidade.
O acto
consistirá en repartirnos en grupos e xuntarnos en puntos comúns para
subir ás distintas liñas de bus para falar coas cidadás e cidadáns que
viaxan nel sobre a necesidade dun transporte público para tod@s e
repartir este tríptico con información entre os usuarios interesados.
Animádevos a participar desde a parada que queirades, estableceranse
distintos grupos dependendo da xente coa que contemos polo que a vosa
participación é moi importante!
Os grupos iranse actualizando neste blogue.
Ao final, tod@s converxeremos na praza de Pontevedra onde terá lugar un pequeno acto.