Programa provisional
21.03.2011
/// 11:30 h
—A crise do modelo neoliberal e
propostas alterntivas. Xavier Vence Deza. Catedrático de
Economía
Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi Director do
IDEGA entre 1991-95.
Profesor invitado en diferentes universidades
estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de
expertos de
organismos internacionais. É coordinador do grupo de
investigación.
— A crise, o sistema e a soberanía // Si existen
alternativas! Margarida
Corral Sánchez. Secretaría
Confederal
de
Muller e Mocidade Confederación Intersindical Galega.
— Proxección
do documental da CIG que repasa o actual proceso de reorganización
do capitalismo, baixo a
coartada da "crise" económica, as
nefastas consecuencias que está a ter para a clase traballadora en
todo o
mundo e as alternativas posíbeis, que pasan por un modelo
económico onde traballadoras e traballadores
teñamos o poder real.
Recolle, así mesmo, a dupla dimensión da crise sistémica, que
reviste un carácter de
clase mais tamén territorial, agravando a
situación no caso das nacións sen soberanía política como é
Galiza.
Finalmente, formula a necesidade de acumularmos forzas xunto
á esquerda nacionalista para facer fronte ao
contexto actual.
— Asemblea Aberta sobre a reforma
laboral
11.04.2011
/// 11:30 h
— Da crise do sistema e das
desigualdades espaciais na Unión Europea. Ramón López
Suevos:
Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de
Santiago de Compostela.
— Dos planos de rescate na Unión Europea
// O caso de Portugal. Graciete Cruz: membro da Comisión
Executiva
da CGTP-IN e Secretaria de Relacións Internacionais.
— A doutrina
do shock. proxección do documental baseado no libro de Noami Klein:
"a doutrina do
Shock", narra a forma na que os chamados
"chicago boys" de milton friedman, utilizaron o
descubrimento
dos electroshock da psicoloxía para borrar os recordos
e regresar ao suxeito a un estado infantil, e poder
reescribir a súa
historia, trasládano ao contexto socio económico dos países en
vías de desenvolvemento, para
propinar shocks económicos (alza de
impostos, eliminación de subsidios e políticas sociais, aumento
de
prezos, etc.) e así, permitir mellor saquear os recursos naturais
e enriquecer ás transnacionais.
— Coloquio.
12.04.2011
/// 11:30 h
— Manifesto de economistas aterrados
(en francés Manifeste d'économistes atterrés) é un
manifesto
redactado en 2010 por un grupo de economistas, Philippe
Askenazy do CNRS; Thomas Coutrot do consello
científico de Attac;
André Orléan do CNRS e do EHESS, presidente da Asociación Francesa
de Economía
Política; Henri Sterdyniak do OFCE; quen, despois da
crise das chamadas subprime séntense aterrados de
ver que nada
cambiou nos discursos a favor do liberalismo económico nin nas
políticas económicas que
segundo eles conduciron á crise. Philippe
Askenazy é un economista francés, director de investigación
do
CNRS , investigador da París School of Economics , e Doutor da
Ecole des Hautes Etudes en Sciences
Sociales.
— Coloquio.
— Capitalisme, un itinerari critic.
Entrevista com Miren Etxezarreta (de Marc Planas): Miran é
unha
pensionista de setenta catro anos pouco convencional. Desde o
tardofranquisme implicouse en
diferentes loitas e movementos sociais,
e hai anos que percorre estudios de televisión discutindo cos gurús
do
neoliberalismo. Os seus amplos coñecementos económicos (é
Catedrática de Economía Aplicada da UAB) fan
da súa voz unha
testemuña incómoda polas actuais políticas económicas. A través
dela, este documental
propón unha lectura crítica do sistema
económico vixente.
— Coloquio.
*Obrigatorio