Programa provisional:
30.03.2011
12:00 h Apertura
— Anxo Calvo Silvosa. Decano da Facultade de Economía e Empresa, profesor Titular de Universidade e ex-Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galiza.
12:30 h. Avaliación da situación económica /// Tres apuntamentos sobre a crise.
— Xavier Vence Deza. Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, foi Director do IDEGA entre 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, ten formado parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación.
— Xesús Seixo Fernández. Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega.
— Coloquio.
5.04.2011
12:30 h. Sistema financeiro en crise? Do FROP á LORCA.
— Antonio Grandío Dopico. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais; catedrático da Escola Universitaria de Estudos Empresariais; vicepresidente do Club Financeiro Atlántico; director do Instituto de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña.
— Mesa redonda de representantes das formacións políticas con representación no parlamento galego.
— Coloquio.
6.04.2011
12:30 h. Reformas do sistema /// Da refundación do capitalismo ás medidas anticrise.
— Xoán Ramón Doldán García. Doutor en Ciencias Económicas; profesor titular de Economía Aplicada na Universidade de Santiago; ex director do Instituto Enerxético de Galicia.
— Coloquio.
7.04.2011
12:30 h. Conclusión e alternativas.
— Xosé Manuel Carril Vázquez. profesor Titular de Universidade.
— Coloquio.
— Sesión de Clausura e entrega de diplomas.
*Obrigatorio