7.1.13

Este xoves 10 de xaneiro ás 13:30h reunión aberta do Comité de Economía, ADE e Empresariais

Volvemos con forza logo dos feriados e teremos este xoves 10 de xaneiro outra reunión aberta do Comité na que:
— Poremos en marcha as “fichas de control de profesorado” para as reclamacións nos incumprimentos da normativa académica por parte do profesorado, especialmente agora cos exames.
— Crearemos unha caixa de recursos para estudantes con apuntamentos, manuais, exercicios, exames...



Tamén nos podes facer chegar calquer suxestión que consideres oportuna através deste correo electrónico empadeco@comitesabertos.org ou dos nosos perfís nas redes sociais http://www.facebook.com/comites.empadeco e http://www.twitter.com/empadeco.

Convidade ás e aos vos@s compañeir@s.

13.12.12

Reunión aberta do Comité de Economía, ADE e Empresariais

O Comité Aberto de Economía, ADE e Empresariais celebrará o vindeiro luns 17 de decembro ás 17:00h unha reunión para impulsar novas actividades na Facultade e recoller todas as suxestións que nos queirades trasladar sobre o funcionamento da facultade, horarios, exames, problemas co profesorado...


10.12.12

Por un transporte digno e contra a nova suba do bus na Coruña!

Os Comités queremos denunciar a nova suba no transporte colectivo na cidade da Coruña que vén de ser pactada entre a Compañía de Tranvías e o Concello desta mesma cidade, que situará o custo do billete normal nos 1,27 € e o bono bus xeral nos 0,82 €.

16.11.12

José Luis Méndez non merece ser Doutor Honoris Causa da UDC! Asina!

José Luis Méndez, anterior Director Xeral de Caixa Galicia ten, desde o ano 2002, o título de Doutor Honoris Causa da Universidade da Coruña.

Un dos principais responsábeis da crise do sector financeiro galego non merece nin esta nin ningún outr recoñecemento. Os Comités do Campus da Coruña veñen de esixir a retirada desta importante distinción debido a que esta representa todo o contrario da mesma: emprego en beneficio persoal e familiar da caixa de aforros, actividades pouco éticas e transparentes, xubilacións millonarias, responsabilidade no fraude das preferentes… 

Un estafador non merece ser Doutor Honoris Causa! Podes asinar aquí a petición!


15.11.12

O estudantado implicouse na folga xeral!

Os Comités participamos activamente na folga xeral de onte. A implicación do estudantado galego nesta convocatoria foi esencial para o seu éxito como así demostra o alto seguimento da mesma nos ensino galego.
Na universidade galega a actividade docente paralizouse por completo e non houbo, nos principais campus, estudante algún nas aulas. O seguimento foi tamén practicamente masivo no conxunto de institutos do país.

8.11.12

Estudantes pechad@s na pasada noite!

Nesta pasada noite tiveron lugar dous peches, un na Universidade da Coruña e outro na Universidade de Vigo, mais ambos tiñan os mesmos obxectivos: facer visíbel o noso rexeitamento ás agresión reiteradas que está a sofrer o ensino público e quecer motores de cara a folga xeral do 14N.

23.9.12

Parémoslles os pés! Paremos os recortes no ensino!


17 de outubro, folga estudantil. O estudantado galego contra os recortes no ensino do Partido Popular!
Os Comités convocamos para o 17 de outubro unha xornada de folga contra os recortes no ensino do PP. Baixo o lema Parémoslles os pés! Paremos os recortes no ensino os Comités denunciaremos as consecuencias das políticas educativas do PP, contrarias ao dereito de igualdade de oportunidades do estudantado galego e que agreden, de maneira reiterada, o carácter público do ensino en todas as súas etapas.